Mondariz pon en marcha o programa ‘Feiras Musicais’

NDEA_Tango (1)

Mondariz | O Concello de Mondariz desenvolverá, durante algúns domingos entre maio e xuño, un programa que, baixo o nome xenérico de ‘Feiras Musicais’, busca o obxectivo final de dinamizar a feira dominical.

O domingo 1 de maio, ‘Feiras Musicais’ estreouse a ritmo de tango co trío ‘Libertanto’ que actuou na Praza de España a partir das 12:30 h. Outros domingos, músicas e músicos dos máis diferentes estilos, serán un atractivo engadido a unha feira na que, todas as semanas, danse cita centos de persoas chegadas non só dende as parroquias de Mondariz, senón de outros moitos puntos dos concellos limítrofes.

A intención do Goberno local de AporM-PSOE non é outra que ir dotando de contidos paralelos á tradicional feira dos domingos, de xeito que actúen como un elemento máis de atracción para as persoas que acoden a facer as súas compras a Mondariz.

Unha feira cada vez máis potente, sinala a tenente de alcalde Mónica Peralba, “significa, de xeito paralelo, dinamizar o comercio local e o mercado de proximidade”. Esa dinamización do mercado forma parte dun longo proceso que pouco a pouco, explica Peralba, “vai asentando poboación e senta as bases para o desenvolvemento do municipio”.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!