Mellora da seguridade viaria en Pereiro de Aguiar

Na contorna do centro educativo Ben-Cho-Shey

Pereiro de Aguiar | A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) acaba de instalar sinais de aviso para pacificar a circulación na contorna do centro educativo de Pereiro de Aguiar. Emilio González Afonso, subdelegado en Ourense, explicou que trátase dunha sinalización disuasoria, sen fin sancionador, e que servirá para mellorar a seguridade da comunidade educativa.

“A seguridade viaria é responsabilidade de todos”, sinalou o subdelegado, quen apelou a extremar “a prudencia nas proximidades dos colexios e os institutos” e mostrou a súa confianza en que os novos sinais contribuirán a iso.

Esta sinai de tráfico está operativa na contorna escolar do centro Ben-Cho-Shey, en Pereiro de Aguiar (na estrada OU-0508). A sinal dispón de sensores que detectan o paso de vehículos a motor e activan unha mensaxe de perigo con luces tipo led. Este aviso está en funcionamento nos horarios de entrada e saída de escolares, para mellorar a seguridade tanto do transporte escolar, como de vehículos particulares e de peóns.

Emilio González destacou a importancia desta medida da DXT, do Ministerio do Interior, para previr accidentes e protexer, en especial, aos usuarios máis vulnerables nas contornas escolares”. Nese sentido, lamentou o atropelo mortal que se produciu no ano 2009 no quilómetro 2 da estrada OU-0508, nas inmediacións do colexio Ben-Cho-Shey, cando os escolares entraban a clase.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos