Marta Fernández-Tapias, nova presidenta do Partido Popular de Vigo

Venceu no XIII Congreso Local do PP vigués
Marta Fernández-Tapias presidirá o PP vigués co horizonte enfocado nas municipais de 2023.

Vigo | Ábrese un novo ciclo no Partido Popular de Vigo. No XIII Congreso do PP vigués celebrado este 18 de decembro, a actual Delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias Núñez, alcanzou a vitoria nas eleccións primarias deste partido, alcanzando 300 votos a favor por 222 do seu rival, o senador Javier Guerra.

Marta Fernández-Tapias gañou nas catro mesas electorais nas que puideron exercer o seu voto os 615 afiliados do PP vigués que tiñan as súa cotas ao día.

A elección de Marta Fernández-Tapias como nova presidenta pón fin ao período transitorio exercido pola xestora que rexiu os destinos do PP vigués dende as eleccións municipais de 2019.

A nova presidenta do PP vigués xa amosou a súa intención de concretar un proxecto plural de participación das bases do partido e de ampliación de militantes, abrindo as portas desta nova etapa ao seu rival nas primarias, Javier Guerra e ao seu equipo, coa intención de crear un PP unido e fortalecido de cara ás eleccións municipais de 2023.