Mar Bargiela gaña o primeiro premio do concurso “Remata o conto” enmarcado na celebración da Feira do Libro

A concellería de Cultura e Turismo do Concello de Ponteareas, que dirixe Hortensia Bautista, entrega o primeiro premio do concurso “Remata o conto” enmarcado na celebración da II Feira do Libro a Mar Bargiela Casasnovas.

Ponteareas | O xurado formado por Cristián Pernas, técnico de Normalización Lingüística, Gabriel González Díaz, Hortensia Bautista Fernández, Concelleira, e Sofía Rodríguez Suárez , traballadora do departamento de Cultura que actuou como secretaria, resolveu que Giovana Carvalho Carneiro obtivera o segundo premio, recaendo o terceiro e o cuarto premio en Jesús Fraguas e Laura Pérez.
O xurado quere destacar a calidade dos vinte catro relatos presentados e, aínda que non existía nas bases a categoría infantil decidiu por unanimidade dar un accésit de categoría infantil ao haber varios relatos de calidade realizados por nenas e nenas. Deste xeito Laura Pérez Domínguez obtivo o accésit infantil.

Os premios foron entregados na sala de usos múltiples da biblioteca pública municipal.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!