Mancomunidade Barbanza Arouse exponlle á Xunta as súas estratexias turísticas

Sinatura de convenio sobre promoción turística

Rianxo | O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor, e a Xefa Territorial, María Barreiro; manteñen unha reunión de traballo coa Mancomunidade Barbanza Arousa para tratar a estratexia na que se basea o destino.

Por parte da Mancomunidade participaron Adolfo Muiños, presidente e alcalde de Rianxo; Xosé Lois, alcalde da Pobra do Caramiñal; María José Sampedro, tenente alcalde de Ribeira; Carlos Rodríguez, concelleiro de turismo de Boiro e Fátima Cachafeiro, xerente da Mancomunidade.

Esta xuntanza realízase despois da sinatura do convenio asinado entre as dúas entidades para a potenciación do sector turístico. Este convenio ascende á cantidade de 48.000 euros.

As actuacións incluídas no mesmo responden ás liñas definidas e entorno ás que xira toda a estratexia e que se basean no Camiño de Santiago e na dualidade serra e mar para un posicionamento de turismo de litoral sustentable. Nestas actuacións destaca a potenciación do turismo náutico apoiando a travesía “Navega o Camiño” e o turismo gastronómico cos proxectos Conserva a Orixe e a ruta de tapas “Mais que tapas”.

Tamén se centra na promoción realizando diferentes pezas de posicionamento do Camiño de Santiago como é unha guía e un audiovisual e tamén na comercialización, mediante a creación de 65 paquetes turísticos que se posicionarán en axencias nacionais e internacionais.

Con estas actuacións e outras que se están levando a cabo preténdese a mellora do posicionamento turístico coma un destino de primeira orde e o traballo pola calidade e a competitividade do sector.