Máis de 30 actividades no Verán Cultural de Salceda

Salceda de Caselas | O Concello presentou a programación do seu Verán Cultural, con máis de 30 actividades a desenvolverse entre os días 3 e 20 de xullo, organizados con varios colectivos.

A programación é a seguinte:

Venres 3 de xullo
– XX Carnaval de Verán. Organiza Asoc. Xuv. Nós Somos Nós. (Consultar
Programación)
– Noite branca. Organiza ACISA

Do 4 ao 6 de xullo
– Festas na honra á Virxe da O na Picoña.

Sábado 4 de xullo
– 59 Rally Recalvi Rías Baixas.
Domingo 5 de xullo
– Festa de San Tomé de Parderrubias.

Martes 7
– 22.30 Baile de Salón, Patricia Martínez e alumnado. Parque Raíña Aragonta.

Mércores 8
– 22.30 Grupo Coreográfico de Soutelo – Meraki Community. Parque Raíña Aragonta

Xoves 9
– 20.30 Hamelin de Fran Rei. Teatro Infantil. Praza do Concello
– 22.00 XXVI Festival Folclórico – Parque Raíña Aragonta

Venres 10
– 21.30 Festival Bandas Infantís e Xuvenís. CEP Altamira
o Escola de Música de Salcedo
o Escola de Música de Salceda de Caselas.

Sábado 11
– XXII Rally Sur do Condado.
– 20.45 Pasarrúas das Bandas dende a Praza do Concello
– 21.30 XXXIII Festival de Bandas de Música de Salceda. CEP Altamira. Banda Veterana de Salceda. Banda Cultural de Salceda

Domingo 12
– 22.30 Concerto. KarlsBertycia. Parque Raíña Aragonta.

Luns 13
– 18.00 Día da infancia, con inchables de auga, xogos populares e moito máis.
– 22.30 Cine na Rúa. Rondallas. Praza do Concello

Martes 14
– 22.00 Grupo de Playbacks do CC de San Xorxe. Praza do Concello.

Mércores 15
– 22.30 Grupo de Playbacks Xunco de Parderrubias. Praza do Concello

Xoves 16
– 21.00 I Concurso de DJ’s SALCEDA 36470dB. Praza do Concello.

Venres 17
– 19.00 I Vaia Cristiño con Chuches Amil. Coorganiza ACDE TrezeCatorze. Parque da
Gándara
– 23.00 X Festival Vaia Cristo. Coorganiza ACDE TrezeCatorze. CS O Matadoiro

Festas do Cristo das Angurias
Sábado 18 de xullo
– 20.00 Desfile da Agrupación Gaiteira de Salceda polas rúas da Esfarrapada.
– 22.00 XVII Estourazo de inicio das Festas do Cristo dende o balcón da Casa da Cultura.
– 23.00 Verbena coa Orquestra Saudade

Domingo 19 de Xullo
– 11.30 XV Acto Cívico Salcedenses Distinguidas/os
– 12.45 Misa solemne cantada pola Coral Polifónica de Entenza.
– 21.00 Concerto da Banda Cultural de Salceda.
– 22.30 Concerto de A Banda da Loba e Verónica Romero.

Luns 20 de xullo
– 19.00 Festa da Escuma. Praza do Concello
– 22.30 Verbena con El Combo Dominicano

Outras actividades
Do 13 ao 17 de xullo. Torneo de fútbol sala “Vila de Salceda” e fase final do V Torneo
de Pádel. Complexo Deportivo Altamira.

Do 6 ao 10 de xullo. Torneo Infantil de Fútbol Sala MINICHAMPION SALCEDA.
Complexo Deportivo Altamira

8 de agosto. Penedo Remember Fest. Organiza: AV San Tomé de Parderrubias.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.