Máis de 15.000 alfombristas elaborarán a Alfombra Mundial do Xacobeo 2022

Coa participación de 130 cidades do mundo

Ponteareas | Coa intención de impulsar o Xacobeo do 2021-22 creouse a Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago, formada inicialmente por alfombristas de Bueu, Gondomar, Tui, Redondela, Ponteareas e os asturianos de Castropol.

A Comisión Xestora, con sede en Ponteareas, ten como obxectivo principal todas aquelas actividades dirixidas á difusión, divulgación e promoción do Camiño de Santiago e do patrimonio material e inmaterial vinculado a el. Destacando a riqueza cultural, natural e humana do Camiño de Santiago.

Esta comisión encargouse de incluír arte efémera na celebración do Xacobeo 2021, concretamente nos seus días grandes, 24 e 25 de xullo, mediante a elaboración da ALFOMBRA MUNDIAL DO XACOBEO 2021. Neste proxecto participaron alfombristas de duascentas sesenta cidades repartidas por trinta países entre os cinco continentes.

Estes alfombristas, (máis de 10.000 repartidos por todo o mundo) elaboraron a “Alfombra Mundial do Xacobeo 2021” en lugar emblemático, de cada unha das súas localidades, entre os días 24 e 25 de xullo do 2021, dedicada ao Camiño de Santiago.

O obxectivo era facer todo o mesmo día, a mesma alfombra en cada un dos nosos pobos ou cidades, pero de forma conxunta. Foi unha especie de flashmob a escala mundial de arte efémera, no día grande do Apóstolo Santiago ou na súa véspera.

Para o Xacobeo 2022 quixemos repetir a experiencia, pero con máis participantes, así contamos con mais de 310 cidades rexistradas neste proxecto, 107 españolas, das cales 30 son galegas; 74 italianas, 28 da India, 22 de Mexico e 15 de Portugal e o resto repartidas entre diferentes países. Participan alfombristas de Alemaña, Arxentina, Brasil , Bolivia, Colombia, Chile, Costa Rica, Estados Unidos, Ecuador, O Salvador, Francia, Finlandia, Guatemala, Honduras, Hungría, India, Italia ,Lituania, México ,Nicaragua, Nova Zelandia, Paraguai, Polonia, Panamá, Perú, Portugal, Uruguai, Tunicia, Venezuela e España.

O proxecto para este ano Xacobeo denominado “ALFOMBRA MUNDIAL DO XACOBEO 2022” deseñada por Antonio Cunha de Setúbal.

Esta iniciativa sitúanos a Cruz de Santiago, como o faro que guía aos Peregrinos cara a poñente. Ademais, a alfombra é unha alegoría das vidreiras que nos vidreiras que nos atopamos na Igrexas e Catedrais de camiño a Santiago de Compostela.