“Luz verde” para o VgoTIC Global HUB en López Mora

O Comité Executivo da Zona Franca de Vigo aprobou a licitación das obras cun prazo máximo de 48 meses

Vigo | O Comité Executivo da Zona Franca de Vigo deu luz verde á licitación das obras de reforma e urbanización dos edificios 1,2 e 3 nos que se construirá o Centro de Negocios (edificio 1) e o Centro de Excelencia de Aeroespacial e Defensa de INDRA (edificio 2), unha vez obtido o visto e prace do Consello de Ministros para acometer a actuación.

Os traballos terán un prazo máximo de execución de 48 meses, e un orzamento base de licitación de 39.669.391,55 € (IVE excluído), resultado de sumar a parte fixa da urbanización e edificios (36.687.743,09 €) e o importe máximo da parte variable de acondicionamentos (2.981.648,46 €) De acordo a David Regades, Delegado do Estado para a Zona Franca, “será tamén un modelo no ámbito urbano coa transformación da contorna de López Mora e un espazo favorecedor da innovación, o emprendemento, a formación e a competitividade do tecido empresarial”.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.