Luís Menor Pérez renuncia ao Senado

É alcalde do Pereiro e presidente da Deputación de Ourense

Ourense | Luís Menor Pérez, alcalde do Pereiro de Aguiar e presidente da Deputación de Ourense, cumplimentou o trámite de entrega de credenciais, previo a toma de posesión como senador o vindeiro 17 deste mes.

“Quero cumplimentar esta condición para agradecer aos miles de ourensáns que me votaran nas pasadas eleccións, aínda que o meu sitio non vai a estar nesta institución”, sostén Luís Menor.

“Para un modesto xurista, (letrado da administración de Xustiza), produce un sentimento maior de pena non poder estar no lugar onde se fan as leis que logo en moitos casos temos que aplicar nos xulgados e tribunais . Pero non pode ser desta volta”, aclara.

“A Deputación e Concello de Pereiro son responsabilidades as que me adicarei, devolvendo con todo o traballo e empeño a confianza depositada na miña persoa. Grazas de novo a todos os que confiastes en min co voso voto”, conclue o elexido.