Inicio da recuperación e posta en valor da fonte de San Ignacio nas Neves

As Neves | Nos últimos días o Concello das Neves comezou as obras para recuperar a fonte de San Ignacio anteriormente coñecida como fonte do Regueiro.

Os traballos que se realizan son financiados ao cen por cen pola área de Patrimonio da Deputación de Pontevedra e deberán rematarse neste mes de maio.

A fonte recuperará a auga nos seus canos e será adecentada. Na súa contorna, na parte traseira retiranse as construccións en estado de ruína que non tiñan ningúnha función.

O Alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez Méndez, recoñece que a veciñanza máis maior agradece moitísimo a recuperación desta fonte sen esquecer que en todo o concello hai máis de 200 fontes. Indica que este é un espazo con moito potencial e especial para desfrutar do noso pobo.
O Concelleiro responsable da área de Patrimonio, Oscar González, que visita a fonte, agradece a Deputación a posta en marcha destes programas de posta en valor do patrimonio, xa que grazas a eles podemos acometer estas pequenas accións sen ter que deixar de facer outras tamén moi necesarias, sobre todo neste ano no que o lume e as posteriores enchentes nos obrigaron a retrasar proxectos para poder reparar os danos.