Inaugurada a Exposición “Fotografía Viva” na Guarda

Na Casa dos Alonso ata o 31 de agosto

A Guarda | Hoxe ás 12:00 h na sala de exposición da Casa dos Alonso, inaugurouse a exposición fotográfica. Foi un acto sinxelo onde o público puido apreciar de cerca as propostas dos catro autores e conversar con eles.

Jaume Bonallach, Dionisio Ameal e José Carlos Castro (Lalo Rodríguez non puido asistir), coincidiron na idea de que a fotografía é un xeito de transmitir sensacións e mensaxes diferentes a cada persoa.

Cada un amosa a súa visión, sexa en retrato ou paisaxe, empregando diferentes técnicas, o que aporta variedade e interese a esta ecléctica exposición.

Roberto Carrero, alcalde de A Guarda, manifestou o seu total apoio a este tipo de iniciativas poñendo en valor ao pobo da Guarda que ten una grande e variada canteira artística, como xa se ven amosando dende fai moitos anos, sendo obriga do Concello facilitar a labor dos artistas e darlles visibilidade con mostras coma esta.