II Encontro Estatal en Lugo de Gobernos Locais e Cooperación Internacional

O Concello de Monforte participou como socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Monforte de Lemos | Lugo acolleu unha cita transcendental para o desenvolvemento das políticas municipais e provinciais a nivel estatal. Trátase dun evento orientado a proxectar cara ó futuro as políticas públicas de cooperación ó desenrolo que levan a cabo os gobernos locais buscando a coordinación, articulación e coherencia das mesmas.

O Concello de Monforte, como socio do Fondo Galego de Cooperación, participou no mesmo da man da tenente de alcalde Gloria Prada, que ven de remarcar a “importancia que supón que a nova lei considere as entidades locais como un dos pilares fundamentais do sistema de cooperación”. Tal e como afirma Prada constitúe “unha oportunidade única para pór en valor as administracións locais e a consideración das mesmas na toma de decisións do resto de administracións”.

Entre os axentes que integran o ecosistema da cooperación municipalista, os Fondos municipalistas de cooperación coordínanse a través da Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade, que este ano cumprira 28 anos de percorrido, e que emerxe como marco de representación conxunta dos nove Fondos que o compoñen en todas as temáticas que, pola súa importancia, afectan ós seus intereses comúns. Xunto a ela, a Federación Española de Municipios e Provincias supón o máximo órgano de representación da voz municipal en España.

Esta segunda edición contou coa colaboración e impulso de diversas administracións e entidades, tales como: a Dirección Xeneral de Políticas de Desenrolo Sostible (DGPOLDES) a Secretaría de Estado de Cooperación Internacional (SECI), o Ministerio de Asuntos Exteriores, a Unión Europea e Cooperación; a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desarrollo (AECID); a Xunta de Galicia; o Programa DEAR da UE, a través do proxecto “People anda Planet”; o Concello de Lugo e a Deputación de Lugo.