I Festa da Primavera en Ribadumia

A celebrarse o 28 de maio

Ribadumia | A Asociación de comerciantes Ribadumia Agárdate en colaboración co Concello de Ribadumia están a organizar a I Festa da Primavera.

Esta festa está dirixida a tódolos públicos e está previsto que se celebre o 28 de maio a partires das 16.00 horas. Contará con xogos infantíns, unha gimcana, holly party, dj e animación.

Tamén haberá algunha sorpresa que se irá desvelando a medida que se peche a programación.

Trátase dun esforzo conxunto da Asociación de comerciantes locais xunto co Concello para organizar actividades nas que poida participar público de tódalas idades e poder desfrutar así de unha agradable tarde de entretemento, polo que queremos convidar a toda a veciñanza a participar.