Homenaxe a Francisco Javier Carballo García, catedrático na UVigo

Valorase a súa traxectoria internacional e o seu vínculo permanente co rural galego

Parada de Sil | Francisco Javier Carballo García, catedrático de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos no Campus de Ourense recibiu hoxe sábado unha homenaxe en Parada de Sil con motivo da celebración mañá do Día das Letras Galegas. “Foi un acontecemento moi especial. Tíñanme premiado polo meu expediente académico, pero non polo amor e o cariño que lle teño á miña terra, á Casa do Vento e á miña familia. Ter orixes humildes axúdache a valorar as cousas e a entender que o esforzo constante é fundamental”, manifestou o homenaxeado.

Carballo dirixiu máis de cen proxectos de fin de grao de estudantes, “á hora de redactalos, facémolo indistintamente en galego ou en castelán, como o estudante se sinta máis cómodo. O galego é unha lingua plenamente válida para transmitir coñecemento científico, aínda que o inglés adoita empregarse máis pola súa difusión”, sinala. O homenaxeado síntese “orgulloso do cariño e respecto co que me lembran antigos alumnos aos que puiden axudar na súa formación; sinto gratitude e satisfacción. Todos debemos implicarnos para que o Concello de Parada de Sil progrese e sexa cada vez máis atractivo para vivir”.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.