A Guarda e a Xunta acordan as necesidades de reforma para a mellora dos CEIP do concello

A Guarda | A concelleira de Educación, María Elena Baz, reuniuse esta mañá en Vigo co xefe territorial de Educación en Pontevedra, César A. Pérez Ares, para trasladarlle as demandas esixidas polos centros de educación infantil e primaria da Guarda.

Neste encontro acordouse a prioridade e urxencia de accións que, como a da reparación dunha das cubertas do CEIP A Sangriña, serán acometidas durante o presente curso. A edil recalcou ao delegado da Xunta o feito de que dous dos centros de ensino público guardeses contan con máis de 25 anos de antigüidade, de xeito que precisan de obras de mellora e mantemento -como a reforma dos baños e outras estancias- similares ás que a Consellería de Educación ten realizado noutros centros da comarca.

Proximamente, o equipo técnico da Xunta visitará A Guarda para estudar as necesidades dos colexios e determinar as posibilidades da institución autonómica de atender ás distintas demandas trasladadas hoxe.

Outros artigos