Goberno central aprobou o proxecto de seguridade viaria da N-120 de Ponteareas

Anunciou Chus Garrote, voceira local do PSdeG- PSOE

Ponteareas/PSdeG-PSOE | No día de hoxe o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbá acaba de comunicar que aproba provisionalmente o proxecto de trazado para a mellora da seguridade viaria na Nacional 120, que posibilitará a súa posta a exposición pública. Este proxecto está estimado nun orzamento de 3,3 millóns de euros e encadrado nunha actuación incluída no programa de conservación e mantemento da rede de estradas do Estado.

O Partido Socialista cumpre así os prazos comprometidos con Ponteareas e especialmente cos veciños e veciñas de Xinzo, Areas e Arnoso.

“Os socialistas de Ponteareas nunca deixamos de traballar para que a seguridade viaria da Nacional 120 tivese unha solución, e hoxe é un feito que avanzamos nese camiño”, afirma Chus Garrote, voceira do PSdeG- PSOE de Ponteareas.

Dende o Partido Socialista agradecen o traballo realizado pola Subdelegada do Goberno, Maica Larriba, quen sempre estivo pendente e en contacto directo co Ministerio para facer un seguimento deste proxecto tan importante para Ponteareas.

“Nin o BNG nin o Partido Popular e moito menos ACIP foron capaces de sacar adiante esta necesidade. Unha vez máis é o Partido Socialista o que da solucións aos problemas dos veciños e veciñas”, afirma Vanesa Fernández, concelleira socialista.

O traballo e a colaboración institucional son fundamentais para avanzar en melloras veciñais como se ten demostrado. Pola contra os extremismos e a confrontación non son o camiño a seguir, afirman dende o Partido Socialista quenes conminan á Plataforma da Nacional 120 a abandonar a actitude belixerante dos últimos tempos.

“Mentras os demáis buscan revolución e mobilizacións, como a que se pretendía facer o 1 de abril, o PSOE traballa polo ben dos veciños e veciñas, para dar solucións aos seus problemas”, afirma Alfonso Porto, presidente da Xestora do PSOE de Ponteareas.

O resultado do traballo do PSOE de Ponteareas e o seu compromiso cos veciños e veciñas amósase hoxe coa aprobación provisional do proxecto de mellora da Nacional 120 e manifestan así mesmo a actitude esixente, persistente e contundente que segurirán a manter na defensa dos intereses de Ponteareas.