Formación sobre “Planificación Estratéxica Empresarial” na Guarda

Dirixida ao Sector Turístico e do Patrimonio Cultural Inmaterial
A sesión formativa está dirixida a persoas, empresas e asociacións ligadas ao Sector Turístico e ao Patrimonio Cultural Inmaterial.

A Guarda | Enmarcado no proxecto Atlantic Culture Scape, a Casa dos Alonso da Guarda, acolle o mércores 29 de setembro unha sesión de formación sobre “Planificación Estratéxica Empresarial”, en horario de 17:00h a 20:00h. É preciso inscrición previa en atlantic.culture.scape@gmail.com.

Esta sesión formativa está dirixida a persoas, empresas e asociacións ligadas ao Sector Turístico e ao Patrimonio Cultural Inmaterial.

Na mesma traballarase conxuntamente sobre como (re)definir obxectivos empresariais, emprender iniciativas de negocio, procurar novos mercados de comercialización e deseñar plans de acción para adaptarse aos novos tempos.

Esta formación será complementada por un seguimento personalizado para afondar nos coñecementos de creación de plans de negocio específicos para cada empresa implicada nesta formación.