A final do concurso MicroCatrorelatos celebrarase o vindeiro 26 de maio no Catro

MicroCatrorelatos ten a particularidade de que os textos gañadores son elixidos polo público asistente e o xurado
Microrrelatos Vigo
Algúns dos finalistas

Vigo | O mítico Café de Catro a Catro acollerá a final do concurso MicroCatrorelatos o vindeiro 26 de maio, e nela participarán os oito textos que resultaron elixidos nas catro eliminatorias previas. Deste xeito, “Desacougo azul“, de Julia Tomé; “Amores de tumba“, de Juan A. Carreira; “Bullying”, de Alejandro Vaghetti; “Dous xastres”, de Pociñas Domar; “A veciña do 5ºB”, de M. Souto; “Fada da terra”, de Sole Literata; “Nunca antes vira o mar”, de Mónica Muñoz; e “As balas de koch”, de Francisco Fernández, tentarán gañar un dos dous premios que se entregarán na final do certame.

Ademais de buscar a potenciación da creación literaria en galego, MicroCatrorelatos ten a particularidade de que os textos gañadores son elixidos polo público asistente e o xurado, que nesta convocatoria está integrado por Clara do Roxo, Amadeo Cobas, Mari Carmen Casal e Ángela Costas (gañadora do certame do pasado ano). Precisamente o premio concedido polo xurado ascende a 300 euros, mentres que o que outorga o público é de 200 euros.

Para escoller os relatos gañadores do concurso o procedemento será o mesmo que nas semifinais pasadas: así, cada persoa deberá emitir o seu voto puntuando con 3, 2 e 1 puntos os orixinais que considere máis salientables e de maior calidade literaria. O certame, que este ano cumpre a súa quinta edición, conta coa colaboración das editoriais Galaxia, Xerais, Elvira, e a asociación cultural 4 Patacos.

Xornalista. Estudou Filosofía, Traballou no departamento Prensa e Comunicación do Grupo Municipal BNG Concello de Vigo. Colabora en varios xornais galegos. Colaboradora no Concurso de Microcatrorelatos do Café De Catro a Catro.

Outros artigos