• Segue conectado
  • |

Fin de semana solidaria en Salceda

Festival Solidario a favor da Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares

Salceda de Caselas | Hoxe presentouse en rolda de prensa o Festival Solidario a favor de ASEM, organizado por Osiris Teatro, que terá lugar no Auditorio Municipal de Salceda os días 22, 23 e 24 de marzo.
A rolda de prensa asistiu Luisa Barrera en representante de Osiris, Nelia Bruña traballadora socail de ASEM, Marina Cabaleiro como Concelleira de Benestar Social e Marcos Besada, alcalde do Concello de Salceda.
Nelia Bruña, explicou a importancia destas xornadas de sensibilización e difusión. Estas enfermidades neuromusculares están dentro do grupo de enfermidades raras, moitas veces sen diagnóstico, xa que se tarda unha media de entre 2 e 3 anos en identificar unha enfermidade neuromuscular.
Marina Cabaleiro, concelleira de Benestar Social, incide na importancia de apoiar estas iniciativas dende os concellos, “xa que estas enfermidades son a veces esquecidas”.
Por outra banda, Marcos Besada, reincide na importancia destas accións, nun momento de crisis na que os recortes tamén lle afectan a estes colectivos, “é o momento de botarlle unha man”
Os fondos serán destinados fundamentalmente a seguir mantendo aberta a sede da asociación, que agora mesmo conta con unha traballadora social, un terapeuta ocupacional e unha administrativa. ASEM ten a súa sede en Vigo e unha delegación en A Coruña, conta na actualidade con 342 socios.
Programa
Venres 22:
17.00h – Acto inaugural, presidido por Mª Carmen Álvarez (Presidenta de ASEM Galicia), Marina Cabaleiro (Concelleira de Benestar Social) e Teresa Pérez (Concelleira de Cultura)
17:15h – Carcajadas Show.
21:30h – “Rosiña Solteira” grupo de teatro Vámolandando de A Guarda.
Sábado 23:
18.00h – “A locura de don Nicanor” e “Veraneando en Sanxenxo”. Grupo de teatro infantil da Asociación Cultural A Feira.
19:30h – Grupo de danza oriental da Escola de Danza Paula Cobián.
21:30h – “Improperio” Grupo Triateros de Vigo.
Domingo 24:
17:00h – Charanga divertida
17:30h – Grupo xuvenil da Banda de Música Cultural de Salceda.
21:30h – Contada de Cándido Pazó.
Clausura do acto a cargo de Ángel de la Cruz (director e guionista galego) e Marcos Besada (alcalde do Concello de Salceda)
Lugar: Auditorio Municipal de Salceda.
Entrada: adultos 3 euros, nenos 1 euro, fila 0.
Venta anticipada de entradas na Casa da Cultura ou na sede de ASEM Galicia.
Flashmob solidario a favor do Banco de Tapóns do Baixo Miño
O sábado 23 de marzo na Praza do Concello de Salceda, ás 17.00 h terá lugar un flashmob solidario, unha iniciativa privada da Payasa Piruleta na que colabora o Concello de Salceda e “Moto Club A 20 uñas”.
O video da coreografía xa está en youtube, “flashmob de taponeros”.
Trátase de conseguir o récord de recollida de tapóns en só 1 hora, a favor do Banco de Tapóns do Baixo Miño.

Publicado o 19 Mar 2013 en Axenda, Salceda de Caselas.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies