
Ourense | O presidente da Deputación de Ourense, Luís Menor, recibiu no Pazo Provincial ao presidente provincial de Cruz Vermella, Felipe Ferreiro, ao que tivo ocasión de felicitar pola recente condecoración coa Medalla de Prata da institución humanitaria, en recoñecemento a súa traxectoria.
Durante o encontro, Menor e Ferreiro repasaron as liñas de colaboración activas entre Cruz Vermella e a Deputación de Ourense, traballo conxunto marcado “pola historia que une a ambas institucións, dada a vinculación da propia Deputación no nacemento de Cruz Vermella en Ourense”, sinalou Menor.




