Feira do Libro Galego en “Tui en Letras”

Música e fomento da lectura durante os meses de maio e xuño

Tui | Un total de 17 actividades conforman a programación de “Tui en letras” a desenvolver durante os meses de maio e xuño. Destaca entre estas actividades a celebración da XXVII Feira do Libro Galego o 17 de maio, Día das Letras Galegas, na Praza da Inmaculada.

Entre outras iniciativas están “Tui le”, coa participación das bibliotecas escolares dos centros educativos e a Biblioteca Municipal, sumándose aos 800 anos da consagración da catedral; os Xogos Florais de Galicia; o Concerto “A tecedora de soños”, coa voz de Uxía Senlle e a arpa de Bleuen LeFriec; animación á lectura con Aida Alonso, Cris de Caldas e Caxoto; presentacións de libros; teatro amador coa agrupación Xuntanza de Randufe; clubs de lectura; e xornadas de memoria histórica organizadas coa colaboración da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño – Louriña.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.