FEGAPAN súmase ao apagado nacional dos fornos artesanos

Baixo a lema “Sen luz non hai pan" este venres 28 entre as 12:00 e as 12:15

Lugo | Os despachos de pan artesán agrupados na Federación Galega de Fabricantes de Pan (FEGAPAN), que preside o lucense César Fieiras, súmanse mañá, 28 de outubro, ao paro nacional convocado por Ceopan.

Baixo a lema “Sen luz non hai pan”, o paro nacional busca dar visibilidade á “angustiosa” situación económica que sofren as panadarías tradicionais por mor da insustentable subida dos custos enerxéticos, así como das materias primas necesarias para a elaboración do pan.

Este apagado dos fornos tradicionais españois terá lugar durante quince minutos, entre as 12:00 e as 12:15 horas, e busca tamén chamar a atención do ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, para que escoite ao sector e tómense medidas dende o Goberno central dirixidas a “paliar o terrible impacto económico que os actuais prezos da electricidade, o gas e as fariñas están a ter nas panadarías artesas”, en palabras de César Fieiras.

Fieras subliña que os custos das panadarías “mesmo se triplicaron” nalgúns casos, especialmente os enerxéticos, e “non podemos repercutilos no consumidor”, de forma que “estamos a traballar a perdas”. Unha situación “que resulta insustentable por máis tempo e que nos conduce ao peche”.