A Federación de Comercio e Hostalería de Ponteareas pon en marcha a súa primeira campaña no Día da Nai

Baixo o lema ‘Raíña por un Día’ a campaña sorteará un único premio de 500 euros entre clientes que realicen as súas compras, entre o 26 de abril e o 7 de maio, nos establecementos adheridos á Federación de Comercio

Comercio

Ponteareas | A Federación de Comercio de Ponteareas desenvolverá, entre os días 26 de abril e 7 de maio, unha campaña de dinamización comercial con motivo da celebración do Día da Nai.

A campaña, dado que está dedicada ás nais, sorteará un único premio agasallo de 500 euros entre todos clientes que merquen nos establecementos asociados á Federación de Comercio e hostalería de Ponteareas.

O sorteo será o día 10 de maio, a gañadora decidirá o dia que queira disfrutar do premio nos diferentes establecementos que forman parte da Federación de Comercio, como por exemplo, perruquería, complementos, masaxes, roupa, bolsos, bixutería ou mesmo gozando dunha cea…

A presidenta, Rosa María Lopez, explicou que a campaña non só estará centrada en Ponteareas, senón que se fará extensiva ás comarcas do Condado e A Paradanta, para o que se dará a coñecer en todos os municipios dos arredores cumprindo, sinala Rosa Maria, “un dos obxectivos fundacionais da Federación que é devolverlle a Ponteareas o protagonismo comercial”.

A concelleira de Comercio, Inés Vidal, amosaba a súa satisfacción ante o feito de que “recen creada, a Federación de Comercio de Ponteareas traballa xa en iniciativas encamiñadas a dinamización do sector”.

Outros artigos