Expediente contra edil de Urbanismo provoca cambios no goberno de Baiona

O Alcalde reordena o goberno municipal para “evitar presión” ante a investigación de Fiscalía

Baiona | Ante a investigación que a Fiscalía leva a cabo tras abrir expediente contra o concelleiro de Urbanismo José Ángel Baamonde Rodríguez por presunta incompatibilidade no cargo municipal ao ser accionista da empresa Encaixa Modular SL, o Alcalde de Baiona Jesús Vázquez Almuíña decidiu reordenar o seu goberno municipal asumindo directamente as competencias de Urbanismo, Patrimonio e Vivenda.

Baamonde foi así substituído de Urbanismo pasando agora a asumir as carteiras de Medio Ambiente e Infraestruturas. Insistindo na súa presunción de inocencia, Almuíña xustificou esta decisión coa finalidade de “evitar presión”.

Este reordenamento do goberno municipal non pasou por alto para a oposición baionesa. O PSOE denunciou que Almuíña “ocultou información” e “cambiou o relato” ao recoñecer públicamente que sabía deste caso desde o pasado 20 de marzo. Pola súa banda, o BNG reafirmou a súa petición inmediata de dimisión de Baamonde por “conduta pouco ética” esixindo explicacións á Almuíña.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.