Éxito absoluto da XXIX Feira do Requeixo e do Mel nas Neves

Con milleiros de visitantes de Galicia e de Portugal

As Neves | A Feira do Requeixo e do Mel deste 2022, a número 29, pasará á historia como a máis visitada. Milleiros de persoas ateigaron durante dous días o centro das Neves polo que houbo momentos no que custaba camiñar. Bares, restaurantes, cafeterías, postos de pulpeiros, foodstracks, postos ambulantes e de artesanía, terrazas e zonas de lecer tiveron un cheo tanto o venres santo, como este sábado, no que a carpa, situada na Praza Maior, buliu.

Visitantes de todos os lugares
Persoas chegadas dende todos os concellos do Condado, procedentes de Tui, A Garda, Vigo, Pontevedra, mesmo,familias chegadas dende A Coruña, Ourense e Lugo e das vilas portuguesas irmáns de Melgaço e Monçao, poideron gozar da gastronomía da zona, do requeixo e do mel, que superou marcas de venda o venres e que este sábado seguía comercializándose a bo ritmo, das actividades programadas e visitar algúns dos parques, paraxes e camiños das Neves, aproveitando dous días cun tempo excelente e mesmo achegarse ao río para refrescarse.

O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, amosouse “moi ledo, agradecido e moi satisfeito” polo “éxito” desta edición que, salientou, amosou que a Feira do Requeixo volve a estar na “vangarda”, contribuindo á cultura, a gastronomía, a economía e o turismo, “non so das Neves, senon de todo o noso territorio”.

Adaptándose á nova cociña
Novas propostas de elaboración de pratos salgados tendo como base o Requeixo e o Mel, como amosaron o Concurso de Receitas, o Showcooking do pasado mércores, nas instalación de EFA A Cancela.

O ‘pregón gastronómico de Iñaki Bretal, do chef do restaurante ‘O Eirado da Leña’ e Estrela Michelín e a xornada técnica sobre o mel, deixaron crara a capacidade de adaptación destes dous produtos ás novas propostas e tendencias gastronómicas.

Cultura, lecer e deporte
Tamén houbo tempo estes días para o deporte, dentro dun programa que comexará o pasado día 6 e que abrangueu o ‘IV TTR de bádminton’, modalidade no que As Neves é unha ‘potencia’, ou a ‘Andaina do Requeixo e do Mel’, o domingo pasdo, na que participaron preto de cen persoas.

Por último, o lecer e a música, con teatro para os máis pequenos, actividades na reformada Casa da Xuventude, un espazo infantil permamente, a agardada actuación de Guadi Galego -dentro do programa Musigal da Deputación de Pontevedra-.

Tamén estivo presente a Coral Santa Mariña e o peche desta edición da man de ‘Paraíso Canto’, deron pulo a unha feira que en 2023 terá unha significación moi especial coinciinco coa súa XXX edición.