Exhibición de taekwondo na Praza Maior da Caniza

Broche final da tempada de clases municipais

A Caniza | O Concello puxo o broche final á tempada das clases municipais de taekwondo coa celebración dunha exhibición na Praza Maior o pasado 16 de xullo.

Durante corenta minutos, o alumnado, dirixido polo seu adestrador, Fidel Rodríguez, amosou ao público asistente as habilidades e técnicas adquiridas ao longo dos últimos meses. Ao comezo do acto, o Alcalde Luís Piña fixo entrega dun pequeno agasallo ao alumnado como recoñecemento ao esforzo, á dedicación e á constancia demostrados durante a tempada nas clases impartidas no ximnasio municipal.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.