Xoves, Setembro 18
Novas do Eixo Atlántico
  • PORTADA
  • Alto Minho
    • Arcos de Valdevez
    • Caminha
    • Monção
    • Melgaço
    • Paredes de Coura
    • Ponte da Barca
    • Ponte de Lima
    • Valença
    • Vila Nova de Cerveira
  • Cámaras Portugal
    • Barcelos
    • Braga
    • Bragança
    • Chaves
    • Guimaraes
    • Matosinhos
    • Mirandela
    • Penafiel
    • Porto
    • Viana do Castelo
    • Vila do Conde
    • Vila Nova de Famalicao
    • Vila Nova de Gaia
  • Comarcas
    • A Paradanta
      • A Cañiza
      • Arbo
      • Crecente
      • O Covelo
    • Baixo Miño
      • A Guarda
      • O Rosal
      • Oia
      • Tomiño
      • Tui
    • Condado
      • As Neves
      • Mondariz
      • Mondariz Balneario
      • Ponteareas
      • Salvaterra de Miño
    • Louriña
      • Mos
      • O Porriño
      • Salceda de Caselas
    • O Morrazo
      • Cangas
      • Bueu
      • Marín
      • Moaña
  • Concellos Galicia
    • A Coruña (cidade)
    • Carballo
    • Deputación da Coruña
    • Ferrol
    • Lalín
    • Lugo (cidade)
    • Monforte de Lemos
    • Narón
    • O Barco de Valdeorras
    • O Carballiño
    • Ourense (cidade)
    • Pontevedra (cidade)
    • Redondela
    • Santiago de Compostela
    • Sarria
    • Verín
    • Vigo
  • Entrevistas
      • “Pasamos dunha Deputación con política do muro a unha de tender pontes”

        “Pasamos dunha Deputación con política do muro a unha de tender pontes”

      • “A Fundación Rogelio Groba ten un claro obxectivo: seguir reivindicando que temos un patrimonio musical universal”

        “A Fundación Rogelio Groba ten un claro obxectivo: seguir reivindicando que temos un patrimonio musical universal”

      • “Despois de gañar en Silleda, o Artai de Normandy ten un maior caché”

        “Despois de gañar en Silleda, o Artai de Normandy ten un maior caché”

      • “Os criterios para o recheio do Porto Deportivo de Baiona son do século pasado”

        “Os criterios para o recheio do Porto Deportivo de Baiona son do século pasado”

  • Opinión
    • Alberto Nuñez Feijoo
    • Antonio Maestre
    • Antonio Mota
    • Guillermo Rodríguez
    • Roberto Mansilla Blanco
    • Baldomero Iglesias – Mero
    • Roberto Mera Covas
    • Carlos Méixome
    • Carlos Vázquez Padín
    • Diego Sanz Paratcha
    • Fito Álvarez Tombo
    • Francisco Álvarez (KOKI)
    • Inma Otero
    • Isidoro Gracia
    • José Paz Rodrigues
    • Lorena Pinheiro
    • Lucía Lareo Pena
    • Manso Preto
    • Manuel Bragado
    • Manuel Rego Nieto
    • Marcelino Fdez. Mallo
    • Miguel Mouriño
    • Nemésio Barxa
    • Nicolás Xamardo
    • Óscar Lomba
    • Xoán Carlos Caballero
    • Avelino Jácome
    • Rafael Cuiña
    • Ramón Coira Luaces
    • Rafael José Adalid
    • Xavier Alcalá
    • Xoán Antón Pérez-Lema
    • Xosé González Martínez
    • Sinatura convidada
  • Hemeroteca
  • Banda deseñada
  • PORTADA
  • Alto Minho
    • Arcos de Valdevez
    • Caminha
    • Monção
    • Melgaço
    • Paredes de Coura
    • Ponte da Barca
    • Ponte de Lima
    • Valença
    • Vila Nova de Cerveira
  • Cámaras Portugal
    • Barcelos
    • Braga
    • Bragança
    • Chaves
    • Guimaraes
    • Matosinhos
    • Mirandela
    • Penafiel
    • Porto
    • Viana do Castelo
    • Vila do Conde
    • Vila Nova de Famalicao
    • Vila Nova de Gaia
  • Comarcas
    • A Paradanta
      • A Cañiza
      • Arbo
      • Crecente
      • O Covelo
    • Baixo Miño
      • A Guarda
      • O Rosal
      • Oia
      • Tomiño
      • Tui
    • Condado
      • As Neves
      • Mondariz
      • Mondariz Balneario
      • Ponteareas
      • Salvaterra de Miño
    • Louriña
      • Mos
      • O Porriño
      • Salceda de Caselas
    • O Morrazo
      • Cangas
      • Bueu
      • Marín
      • Moaña
  • Concellos Galicia
    • A Coruña (cidade)
    • Carballo
    • Deputación da Coruña
    • Ferrol
    • Lalín
    • Lugo (cidade)
    • Monforte de Lemos
    • Narón
    • O Barco de Valdeorras
    • O Carballiño
    • Ourense (cidade)
    • Pontevedra (cidade)
    • Redondela
    • Santiago de Compostela
    • Sarria
    • Verín
    • Vigo
  • Entrevistas
      • “Pasamos dunha Deputación con política do muro a unha de tender pontes”

        “Pasamos dunha Deputación con política do muro a unha de tender pontes”

      • “A Fundación Rogelio Groba ten un claro obxectivo: seguir reivindicando que temos un patrimonio musical universal”

        “A Fundación Rogelio Groba ten un claro obxectivo: seguir reivindicando que temos un patrimonio musical universal”

      • “Despois de gañar en Silleda, o Artai de Normandy ten un maior caché”

        “Despois de gañar en Silleda, o Artai de Normandy ten un maior caché”

      • “Os criterios para o recheio do Porto Deportivo de Baiona son do século pasado”

        “Os criterios para o recheio do Porto Deportivo de Baiona son do século pasado”

  • Opinión
    • Alberto Nuñez Feijoo
    • Antonio Maestre
    • Antonio Mota
    • Guillermo Rodríguez
    • Roberto Mansilla Blanco
    • Baldomero Iglesias – Mero
    • Roberto Mera Covas
    • Carlos Méixome
    • Carlos Vázquez Padín
    • Diego Sanz Paratcha
    • Fito Álvarez Tombo
    • Francisco Álvarez (KOKI)
    • Inma Otero
    • Isidoro Gracia
    • José Paz Rodrigues
    • Lorena Pinheiro
    • Lucía Lareo Pena
    • Manso Preto
    • Manuel Bragado
    • Manuel Rego Nieto
    • Marcelino Fdez. Mallo
    • Miguel Mouriño
    • Nemésio Barxa
    • Nicolás Xamardo
    • Óscar Lomba
    • Xoán Carlos Caballero
    • Avelino Jácome
    • Rafael Cuiña
    • Ramón Coira Luaces
    • Rafael José Adalid
    • Xavier Alcalá
    • Xoán Antón Pérez-Lema
    • Xosé González Martínez
    • Sinatura convidada
  • Hemeroteca
  • Banda deseñada
Gondomar

Espazo Lectura suspende definitivamente todas as actividades na Biblioteca Municipal e renuncia á reserva de crédito do Concello de Gondomar

Remitido26 Maio, 201721 Marzo, 20207 Minutos de lectura
Esta entrada ten máis de seis meses desde a súa publicación. É posible que o contido non estea actualizado.

Espazo Lectura Gondomar

Gondomar | O pasado 6 de maio, a Asemblea Xeral Extraordinaria de Espazo Lectura tomou o acordo de suspender todas as actividades na Biblioteca Municipal e renunciar á reserva de crédito de 5.000 euros que o Concello de Gondomar destinaba a pagar as actuacións e visitas dos escritores e escritoras contratados pola asociación para levar a cabo a programación da biblioteca.

Con todo, o acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria, do que se informou aos responsables municipais de xeito inmediato, daba un prazo de cortesía ao alcalde de Gondomar para que retomase o diálogo con Espazo Lectura e cumprise o mandato no Pleno do Concello, celebrado o pasado 6 de abril e aprobado pola maioría dos grupos políticos, dando resposta, á necesidade de buscar o consenso e solucionar os problemas, tal e como manifestou unha boa parte da cidadanía, incluindo a maioría das institucións educativas do Val Miñor, que incidían no mesmo sentido.

Este 25 de maio rematou o prazo de cortesía sen que, lamentablemente, o alcalde Paco Ferreira mostrase ningunha vontade de recuperar o diálogo logo de dous meses de conflito, ignorando a unanimidade das voces a ese respecto. En consecuencia, Espazo Lectura procede a cumprir o acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria suspendendo de xeito definitivo –cando menos ata que exista vontade política para mudar esta esperpéntica situación– todas as activades na Biblioteca Municipal de Gondomar e renunciando á devandita reserva de crédito de 5.000 euros.

Lamentamos profundamente a actitude do alcalde

Tanto a Xunta Directiva de Espazo Lectura como o seu Consello Operativo e todo o seu voluntariado lamentan profundamente a negativa do alcalde a recuperar o diálogo coa asociación, a pesar de todos os esforzos realizados e de toda a presión social que se derivou desa negativa, incluído o mandato do Pleno do Concello (apoiado por Manifesto Miñor, PP, CABE e Iniciativa por Gondomar) e a solidariedade con Espazo Lectura mostrada pola inmensa maioría dos centros de ensino do Val Miñor. En Espazo Lectura non podemos entender a actitude do alcalde.

Fixemos todos os esforzos posibles por recuperar o diálogo

A pesar do conflito derivado desa actitude dos responsables municipais, o alcalde e a Concelleira de Educación foron convidados a participar nas actividades da Semana do Libro e a Lectura que organizamos en abril, convite que lamentablemente non aceptaron. Desde Espazo Lectura demos reiterados e inequívocos sinais da nosa vontade para buscar o diálogo e, a maiores, os nosos socios e socias enviaron, por correo electrónico, nestes últimos 20 días, máis de medio cento de escritos, asinados por distintas persoas, solicitándolle ao alcalde «que faga cumprir o acordo do Pleno Municipal do pasado 6 de abril de 2017 e que se poña en contacto con esta asociación para retomar a necesaria comunicación entre as dúas entidades». Ademais, como xa manifestamos, no mes de abril diversos centros de ensino do Val Miñor apelaron ao alcalde e ao seu equipo realizando solicitudes de diálogo, solicitudes que foron presentadas por rexistro no Concello de Gondomar.

Dous anos de problemas continuados e públicos

Os problemas de relación e comunicación de Espazo Lectura co Concello de Gondomar prodúcense desde o inicio da toma de posesión do alcalde e, nestes dous anos, Espazo Lectura pasou a depender, coma se fose unha pataca quente, de catro concelleiros distintos, incluído o propio alcalde. Dada a complexidade e as dificultades, cheas de despropósitos, que o voluntariado de Espazo Lectura foi atopando para desenvolver o seu traballo diario con normalidade, hai máis dun ano, aproveitando a renovación da Xunta Directiva da asociación, fixemos público un documento no que, xa daquela, se avisaba tanto da «precariedade da biblioteca municipal» como das «difíciles relacións coa administración». O documento foi enviado tamén a todos os grupos políticos con representación municipal, así como a todos os socios e socias (marzo de 2016). A maiores, a ex-presidenta Concha Costas transmitiulle por correo electrónico ao alcalde os problemas e dificultades que viviamos día a día, correo ao que este respondeu dándolle a razón. Pero as cousas non melloraron, senón todo o contrario, chegando á actual situación.

A reserva de crédito de 5.000 euros

Esa reserva de crédito de 5.000 euros á que Espazo Lectura renuncia agora viña facéndose practicamente desde o inicio da existencia da asociación para poder sufragar a programación que, de xeito voluntario e desinteresado, Espazo Lectura viña organizando na Biblioteca Municipal nos últimos doce anos. Ese diñeiro, que por vontade propia de Espazo Lecura nunca pasou polas nosas contas a fin de garantir a máxima transparencia, destinábao o Concello para pagar directamente os gastos de escritores/a, tradutores/as, ilustradores/as contacontos e outros espectáculos. A día de hoxe, Espazo Lectura pode asegurar que nunca desde a súa fundación ingresou nin sequera un euro procedente do Concello de Gondomar. A maiores todas as actividades que Espazo Lectura realizou e realiza na Casa da Lectura, en Donas, págaas coas cuotas que aportan os seus socios e socias, aínda que o mantemento do lugar (auga, luz e poda do xardín) lle corresponda, loxicamente, ao Concello de Gondomar.

Unha actitude que rompe con 12 anos de traballo voluntarista

Ata o de agora, mellor ou peor, ao longo destes case doce anos, Espazo Lectura atopou sempre espazos de convivencia e colaboración cos distintos gobernos que foron ocupando a institución municipal, así como condicións que posibilitaron o deseño dunha importante programación na Biblioteca Municipal, condicións que non se dan nestes momentos e que provocan o desánimodo seu voluntariado polo desconsiderado entorpecemento da acción de Espazo Lectura.

Espazo Lectura manterá as súas actividades noutros lugares

O voluntariado de Espazo Lectura continuará desenvolvendo con normalidade o seu labor de dinamización e fomento da lectura, especialmente na Casa da Lectura, onde a asociación creou ao longo de todos estes anos unha biblioteca moderna e funcional aberta ao público e onde ten a súa sede. Tamén se buscarán outros espazos alternativos que serán anunciados no seu momento. Coma sempre, a todas as actividades de Espazo Lectura poden acudir, de xeito libre e gratuito, as persoas que o desexen, sexan ou non socios e socias da nosa entidade.

Sen dúbida, esta nova situación supón un cambio importante e Espazo Lectura precisará, a partir deste momento, recalcular e redimensionar o seu perfil, buscar novas vías de financiamento e realizar mudanzas orgánicas que faciliten o seu labor e a supervivencia activa das súas actividades.

Seguiremos reclamando unha biblioteca digna

As grandes perxudicadas por esta decisión provocada pola actitude do alcalde de Gondomar son a propia Biblioteca Municipal e as familias que asistían á programación que Espazo Lectura viña realizando alí.

Desde Espazo Lectura continuaremos demandando unha biblioteca digna para Gondomar , que siga as directrices IFLA/Unesco para o Desenvolvemento do Servizo de Bibliotecas Públicas, e que poña punto final ás graves carencias actuais (inexistencia de bibliotecario/a, inexistencia de orzamento estable, mellora da accesibilidade, modernización do mobiliario, diferenciación de espazos, mellora dos fondos, catalogación, purga, etc). A tal fin, deseñaremos nos vindeiros meses unha estratexia para reivindicar esas melloras.

A Casa da Lectura e o proxecto do Museo do Conto

En 2008, a través dun acordo co colexio de Donas e a Xunta de Galicia, Espazo Lectura converteu o local abandonado dunha escola infantil en desuso e en mal estado, nunha biblioteca de acceso público que fai préstamo de libros ás familias todas as semanas, fundando A Casa da Lectura. Iso foi posible grazas ao traballo do voluntariado de Espazo Lectura nas súas horas libres, e aos distintos acordos e convenios aos que a asociación chegou con distintas entidades, así como e con 12 editoriais. De xeito case simultáneo, impulsamos a desafectación do terreo, que pasou de ser de propiedade autonómica a propiedade municipal.

En 2012, Espazo Lectura iniciou o deseño de contidos dun proxecto para converter a Casa da Lectura, nun importante Centro de Dinamización do Libro e a Lectura, provisionalmente denominado Museo do Conto. Para tal fin, e de acordo con anterior goberno municipal do Concello de Gondomar, que asumiu os custes económicos, encargouse o proxecto arquitectónico ao estudio de Javier A. Franco Rabuñal e Vicente Pintos Santiago. O proxecto foi realizado, entregado no Concello en 2015 e pagado, e obra en poder do actual goberno municipal, aínda que actualmente está paralizado. O centro constaría dunha biblioteca pública totalmente versátil e actualizada, un Laboratorio do Libro e a Lectura (no que se abordaría a lectura de xeito interdisciplinar e cunha ollada contemporánea), unha Mediateca, unha Comiteca, un Espazo Infantil que incluiría Bebeteca, un Xardín dos Libros, e outra parte museística e expositiva, así como unha programación estable de actividades en torno ao libro e a lectura.

Agradecementos

Espazo Lectura agradece tanto aos socios ordinarios como protectores todo o apoio prestado nos últimos meses, e congratúlase da sensibilidade mostrada pola cidadanía de Gondomar.

Telegram WhatsApp Twitter Facebook
Telegram
  • Expourense acolle a IV edición de OUR FEST

    Expourense acolle a IV edición de OUR FEST

  • Aprendizaxe e actividades lúdicas van da man en Ponteareas

    Aprendizaxe e actividades lúdicas van da man en Ponteareas

  • Salceda da comezo ao saneamento de Entenza

    Salceda da comezo ao saneamento de Entenza

  • Entran en vigor os orzamentos máis altos da historia de Tui

    Entran en vigor os orzamentos máis altos da historia de Tui

  • A inversión obscena dos significados.

    A inversión obscena dos significados.

BlueSky
BlueSky. Twitter. Facebook. Telegram. Instagram
Hemeroteca

Aldea Global | Galicia | Concellos Galicia | Comarcas
Cámaras Portugal | Norte de Portugal | Alto Minho
Opinión | Entrevistas | Política | Benestar Social
Comercio | Cultura | Economía | Educación
Medio Ambiente | Participación Cidadá | Patrimonio
Sanidade | Seguridade Cidadá | Traballo | Turismo
Urbanismo | Xuventude | Banda deseñada | Humor
Axenda | Historia | Universidade | Lingua | Libros
Gastronomía | Deporte
Contacto | Privacidade | Cookies
14 consultas en 0,700 segundos.
Minho Digital

Luso Jornal

Pe do Galinheiro

.

A Cañiza A Coruña A Guarda Aldea Global Arbo BNG COVID-19 Cultura Deputación Deputación da Coruña Deputación de Pontevedra entrevistas exposición Lugo Mondariz Monforte de Lemos Monção Mos obras O Covelo Opinión O Porriño Ourense Ponteareas Ponte de Lima Pontevedra PP programación PSdeG PSdeG-PSOE rag Roberto Mansilla Blanco Salceda de Caselas Salvaterra de Miño Santiago de Compostela Tomiño Tui valença Viana do Castelo Vigo Vila Nova de Cerveira Xosé González Martínez Xoán Antón Pérez-Lema Xunta de Galicia zona franca
  • Iniciar sesión
  • Rexistrarse
© 2020 Novas do Eixo Atlántico
Sobre o uso das cookies
Usamos cookies no noso sitio web para brindarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e visitas repetidas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Axustes das CookiesACEPTAR
Cookies

Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia mentres navega polo sitio web. Destas, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén utilizamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como utiliza este sitio web. Estas cookies almacenaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a exclusión voluntaria dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
Necesarias
Sempre Activado
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten funcionalidades básicas e características de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.
Non necesarias
As cookies que poden non ser particularmente necesarias para o funcionamento do sitio web e utilízanse especificamente para recompilar datos persoais do usuario a través de análise, anuncios e outros contidos incrustados denomínanse cookies non necesarias. É obrigatorio obter o consentimento do usuario antes de executar estas cookies no sitio web.
GARDAR E ACEPTAR