España volve eludir a súa responsabilidade no Sahara Occidental.

O goberno español segue sen querer asumir a súa responsabilidade no conflito do Sahara Occidental. A súa postura segue sendo a de lavarse as mans e facer declaracións baleiras de contido, derivando toda a responsabilidade na resolución do conflito ás Nacións Unidas.

A ministra española de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, Arancha González Laya, en resposta ao analista político David Jimenez, no programa de TVE “A noite 24 horas”, rexeitou opinar sobre se a chegada de Joe Biden á Casa Branca axudará a reverter o recoñecemento do Goberno de Estados Unidos da soberanía de Marrocos sobre a antiga colonia española afirmando que “Eu non vou entrar nese xogo, é unha decisión que corresponde a Estados Unidos e España nin vai quitar nin vai poñer nesa discusión”

A responsable de exteriores limitouse a repetir o habitual discurso da administración española co que pretenden eludir toda responsabilidade, pretendendo facer ver que debe ser as Nacións Unidas quen asuma o labor de atopar unha solución a este conflito.

“O que España si insiste, máis aló da decisión que tome Estados Unidos, que tomou o presidente Trump e faga o que faga o presidente Biden, é a necesidade de revivir o proceso nas Nacións Unidas”, sinalou.

“O que cremos é claramente na necesidade de revivir este procedemento, que é lexítimo porque está na ONU, porque todos están sentados ao redor da mesa para poder resolver esta cuestión, que leva moitos anos sen solución”, alegou.

“España foi a potencia colonizadora durante case un século e propiciou a firma dos Acordos Tripartitos de Madrid de 1975, o que posibilitou a ilegal ocupación do Sahara Occidental”

Cabe lembrar que España é directamente responsable e culpable da situación actual do Sahara Occidental. España foi a potencia colonizadora durante case un século e propiciou a firma dos Acordos Tripartitos de Madrid de 1975, o que posibilitou a ilegal ocupación do Sahara Occidental. Durante os máis de 40 anos de ocupación ningún goberno español ha denunciado esta situación nin denunciou a continua violación dos DDHH nos territorios ocupados por Marrocos, en cambio promoveu iniciativas para favorecer ao ocupante marroquí como asinar acordos preferentes coa UE.

España segue sendo a potencia administradora do territorio.
Nacións Unidas considera nulo o Acordo de Madrid: España non podía transferir a soberanía a Marrocos e Mauritania, e por tanto a cesión da administración non altera o status de territorio, pendente de descolonizar, do Sahara Occidental. Por tanto, Nacións Unidas considera que España é a potencia administradora, a pesar de que Marrocos exerza o control sobre o territorio, e que segue tendo a obrigación de garantir a descolonización da colonia.

Nado no ano 1974, un ano antes da entrega do Sahara por parte de España a Marrocos. Activista polos dereitos do Pobo Saharaui, é membro de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. Fundador e administrador da web www.porunsaharalibre.org

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!