Escolares do Porriño deseñan o seu “Plan de Acción para o Futuro”

A través dun obradoiro sobre novas profesións

O Porriño | Un total de 183 alumnas/os de 3º e 4º da ESO dos centros de educación secundaria do Porriño participan estes días no Obradoiro sobre novas profesións “Plan de acción para o meu futuro” organizado pola concellería de Educación, que dirixe Carolina González, a través da OMIX.

A actividade de Mentoring para adolescentes ten como obxectivo ensinar ás/os mozas/os a tomar boas decisión sobre o seu futuro, nun momento clave da súa etapa formativa no que teñen que elexir entre moitas opcións de desenvolvemento profesional.

“Neste obradoiro traballan no seu proceso de autocoñecemento para que detectar as súas fortalezas e intereses”, explicou a concelleira, “Tamén descubrirán novas profesións que nin siquera existían fai uns anos e o papel que da tecnoloxía e a dixitalización nelas, ademais de coñecer como estudiar e traballar en Galicia”.

Empresarios da Granxa reafirman compromiso coa veciñanza
Os empresarios da Granxa veñen facer unha doazón de produtos ao banco de alimentos municipal SOS Porriño, amosando a súa disposición a traballar da man do Concello para axudar ás persoas que o necesitan.

En concreto son 220 kg de pasta e 900 l de leite que se distribuirán entre as familias usuarias do servizo municipal de reparto de alimentos.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Servizos Sociais, Abel Estévez, reuníronse hoxe co presidente da Entidade Urbanística de Conservación do Polígono de A Granxa, Indalecio Cuevas, e co seu xerente, David Sobral, para agradecer a súa doazón e establecer vías de colaboración entre ambas entidades que repercutan na veciñanza.

O rexedor quixo agredecer a solidariedade dos empresarios xa que “grazas á súa implicación poderemos axudar ás veciñas e veciños que están a pasar unha situación difícil” e destacou “o labor de responsabilidade social que desempeñan de maneira activa e con especial atención ao noso municipio. Unha sinerxia que redunda en beneficio dos porriñeses e porriñesas”. No mesmo sentido se expresou o concelleiro, que agradeceu “constantes mostras de solidariedade das empresas afincadas no Porriño”.

O presidente dos empresarios, pola súa banda, reafirmou o seu “compromiso coa veciñanza do Porriño e a man tendida dos empresarios do polígono a colaborar co Concello” á vez que agradeceu a boa sintonía e comunicación entre ambas entidades.