Escola de Música de Xinzo despide o 2021 cunha Audición de Nadal

O vindeiro 18 de novembro no Auditorio do Centro Cultural de Xinzo
A Banda de Música de Xinzo ofrecerá unha Audición de Nadal este 18 de novembro.

Ponteareas | O vindeiro sábado 18 de novembro, a Escola de Música de Xinzo (ESMU) ofrece a súa audición anual de Nadal coa que pechará o primeiro trimestre do curso. A cita será no Auditorio do Centro Cultural de Xinzo ás 18:30 h e contará con diversas interpretacións solistas e grupais dos alumnos que traballaron durante todo o curso na ESMU.

Con esta audición, a Escola despedirá un ano 2021 marcado, sobre todo, pola volta ás aulas trala crise pola pandemia da COVID-19.

Ademais, no novo curso os alumnos puideron gozar das melloras que se implantaron nas clases, como o taboleiro dixital ou o novo mobiliario nas aulas, ademais da reforma levada a cabo nas instalacións co fin de ofrecer a alumnos e profesores unha maior comodidade e máis facilidades no desenvolvemento das actividades.

Na audición estará presente tamén un dos dous grupos da Banda Infantil da Escola de Música. Á outra parte desta agrupación espéralle unha cita diferente dentro dunha semana acompañando á Banda de Música Xuvenil e á Coral Cantares de Xinzo para pechar este ano 2021.