Entregados os premios o XIII Concurso de Pinchos Sabores de Ourense

Unha iniciativa que forma parte do patrimonio gastronómico ourensá
A entrega dos premios realizouse no Liceo ourensán.

Ourense | Flora Moure, concelleira de Turismo, entregou os premios do Concurso de Pinchos – Sabores de Ourense da súa XIII edición de outono. Agradeceu a participación neste certame e destacou “o éxito dunha iniciativa que xa é parte do patrimonio gastronómico da nosa cidade, polo que xa estamos preparando a vindeira edición de primavera”.

Unha vez contabilizadas as papeletas válidas (865 papeletas, cun mínimo de 3.460 pinchos contabilizados, máis todos os que non se votarían), os premios elixidos nos Premios do Público foron os seguintes: 1º Premio: Antea Garden Bar polo seu pincho Queixo montés (100 votos). 2º Premio: Barallete polo seu pincho Barallete (78 votos). 3º Premio: Ataraxia polo seu pincho Taco á galega (68 votos). No tocante ao Premio ao Pincho Celíaco recaeu en Portovello polo seu pincho Magosto.

Estes galardóns súmanse aos xa coñecidos do Premio do Xurado Profesional: 1º Premio: Portovello polo seu pincho Magosto. 2º Premio: Cafetería Galaica polo seu pincho Esmorga de Outono. 3º Premio: Restaurante Gastrobar Camden polo seu pincho Tronco de Outono. Accésit ao Pincho máis creativo: Portovello polo seu pincho Magosto.  A Comisión avaliadora estivo formada por Manuel Garea (cociñeiro), Alberto Traversa (xornalista) de La Alacena Roja, e representantes da C.R.D.O. Ribeiro (Luis Manuel Vázquez Barredo, María Erika Domínguez Laiño e Alejandra Nores Suárez), resultando finalistas: Casa Cortés, Le Coq, O Lar da Sabela, La Zapatería del Abuelo, Portovello, Restaurante Camden, Cafetería Galaica e Ataraxia.

No que respecta ao xurado profesional, estivo composto por Héctor López (cociñeiro e propietario do restaurante España (Lugo) , 2 soles Repsol, e membro do Grupo Nove), Javier Rodríguez Ponte “Taky” (cociñeiro do cátering Boketé e membro do Grupo Nove), Jacobo Rodríguez-Hermida Montes (xefe do departamento de Hostalería e Turismo do IES Vilamarín) e Jesús Lastra García (docente de hostalería de CIFP Santa María de Europa).