Encontro de Mulleres con Ana Pontón, voceira do BNG

Redondela | O vindeiro mércores 14 de marzo, o BNG vai celebrar un encontro de mulleres redondelás coa voceira nacional do BNG, Ana Pontón. Este acto terá lugar a partires das 18,30h. no Meirande.

Nesta xuntanza, terase oportunidade de que coleitivos de mulleres, ou aquelas que o desexen a título persoal, poidan contar as súas loitas diarias, cara a unha eliminación real das desigualdades respecto ao home.

Neste encontro con mulleres, de carácter aberto e participativo, preténdese poñer o aceno na necesidade de manter a tensión nas reivindicacións, que demostraron un grande éxito na conmemoración do 8 de marzo. Agardan dende a organización nacionalista a participación de mulleres que actúan no eido sindical, ou que protagonizaron no presente (Berska) ou no pasado (Regojo), loitas polos dereitos laborais e igualdade. Tamén terán espazo aquelas “traballadoras do ámbito doméstico, e da pequena e mediana empresa, o comercio,…

queren facer extensiva esta invitación dende o BNG de Redondela, a todas aquelas veciñas que desexen participar, para o cal poñen á súa disposición transporte para achegarse a Meirande. O punto de encontro será a Praza de Ribadavia (Farola), en Redondela, e o Centro de Saúde en Chapela, ou poñerse en contacto nos números 607 27 22 99 e 630 00 67 84.