• Segue conectado
  • |

En marcha obras por 2,5 millóns de euros en Carballo

A Xunta de Goberno Local adxudicou esta semana o proxecto de saneamento dos lugares de Betrís e Ribeira, na parroquia de Rus

Carballo | Tras o último investimento de 257.125 euros nas obras de saneamento e abastecemento aos lugares de Figueroa e Outeiro, na parroquia de Sísamo, no Concello de Carballo temos en marcha outros proxectos do ciclo integral da auga que nos permitirán seguir estendendo pola zona rural dous servizos prioritarios nos plans de actuación do goberno municipal. Nestes momentos están en execución ou contratación obras por valor de 2.543.828,26 euros.

O alcalde visitou as obras de saneamento de Entrecruces

En execución

Abastecemento de auga ás parroquias de Oza e Razo
Prezo de adxudicación: 1.226.456 euros
Empresa: Vázquez y Reino
O abastecemento de auga ás parroquias de Oza e Razo é a obra de maior contía acometida na historia do Concello de Carballo sen axuda de ningunha outra administracións. A rede, que está practicamente lista, chega a Razo da Costa, Santa Mariña e Arnados, na parroquia de Razo, e a Vilar do Carballo, As Encrucilladas, Oza Vella, As Torres e o Rodo, na de Oza.

Saneamento de Taboada e A Granxa (Entrecruces)
Prezo de adxudicación: 231.080,81 euros
Empresa: Excavaciones y Obras Candal
O proxecto, que tamén está moi avanzado, inclúe a instalación de 846 metros de canalización e 26 pozos de rexistro en Taboada, mentres que na Granxa colocaranse 822 metros de rede, 35 pozos e un bombeo. En ámbolos dous casos faranse as reposicións correspondentes nas vías afectadas.

Saneamentos en Lema, Oza e Razo
Prezo de adxudicación: 188.881 euros
Empresa: Vázquez y Reino
Arrincaron xa os traballos para estender o servizo de saneamento aos lugares de O Pinar e Pedra do Sal (Lema), xa rematado; Vilar do Carballo (Oza) e Razo da Costa e Santa Mariña (Razo), onde se está a traballar nestes momentos.

Adxudicadas

Saneamento A Piña-Evas (Sofán)
Prezo de adxudicación: 170.731 euros
Empresa: Vázquez y Reino
A obra, que arrincará en breve, inclúe a instalación de case tres quilómetros de rede entre os lugares de A Piña e Evas, na parroquia de Sofán.

Saneamentos en Betrís e Ribeira (Rus)
Prezo de adxudicación: 81.191 euros
Empresa: Vázquez y Reino
O proxecto de saneamento dos lugares de Betrís e Ribeira foi adxudicado na Xunta de Goberno Local desta semana. No lugar de Betrís instalarase unha rede de 463 metros e construiranse 15 pozos de rexistro. Na Ribeira serán 132 metros de tubaxes e 4 pozos, e ademais será preciso colocar un bombeo.

Saneamento dos lugares de Altiboa, Vilarvello, O Alto, Vilanova e Baltar (Artes)
Prezo de adxudicación: 199.884,67 euros
Empresa: Vázquez y Reino
O proxecto desenvolverase en tres treitos _de Altiboa a Vilar de Francos, de Vilar de Francos a Vilarvello e O Alto-Vilanova-Baltar_ o que suporá o despregue de máis de 2.500 metros de rede para levar o servizo a 25 vivendas.

En contratación

Ampliación das redes de saneamento e abastecemento no lugar de Vella Morta
Orzamento: 125.400,09 euros
O 27 de xullo rematou o prazo para que as empresas presentasen as súas ofertas para a obra de ampliación das redes de saneamento e abastecemento no lugar de Vella Morta, unha actuación que permitirá dar servizo ás vivendas situadas na estrada Carballo-Razo e renovar un treito que está moi deteriorado. En total instalaranse 525 metros de rede e 14 pozos de rexistro, así coma un bombeo. As obras tamén inclúen a rede de abastecemento de auga, en dous ramais de 443 e 14 metros de lonxitude ao longo da estrada provincial, e tamén unha boca de rego.

Abastecemento de auga dende Santa María de Ardaña ata Canosa (Rus)
Orzamento: 323.203,69 euros
As actuacións propostas benefician a unha poboación de 474 habitantes no horizonte do ano 2030, xa que o proxecto permitirá abastecer de auga potable a través dunha rede pública os lugares da Igrexa, Quintáns, Barís, O Val, O Pedreiro e Canosa. En total instalaranse 8.635 metros de tubaxes.

Publicado o 7 Ago 2020 en Carballo, Portada, Urbanismo.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies