De Castelao ao mañá: unha ollada ao comic galego

Exposición de banda deseñada no Auditorio de Ponteareas

Ponteareas | De Castelao ao mañá: Unha ollada ao cómic galego, este é o título da exposición que presenta unha das facetas máis descoñecidas do autor, quen nos primeiros anos da súa produción fixo a súa achega nun campo que, hoxe máis que nunca, recibe a mirada do mundo da arte como unha forma máis de expresión. A exposición fará un percorrido polo mundo do cómic galego desde a obra e a época do autor ata os autores máis actuais.

Este xoves, 19, ás 20:00h. terá lugar no AUDITORIO MUNICIPAL de Ponteareas a inauguración da exposición DE CASTELAO AO MAÑÁ: UNHA OLLADA AO CÓMIC GALEGO que se prolongará ata o vindeiro 12 de febreiro.

A inauguración asistirán, o deputado de cultura e Normalización lingüística, Xosé Leal Fariña que estará acompañado polo alcalde de Ponteareas Xosé Represas, a concelleira de Cultura e Normaloación, Hortensia Bautista, así como os demáis membros do goberno municipal.

A exposición parte do interese do rianxeiro pola Banda deseñada e aborda a evolución da novena arte no noso país ata s actualidade. Fai un percorrido polo mundo do cómic galego dende a obra e a época do autor de Rianxo ata os autores máis actuais: Castelao, Castaño, Isaac Díaz Pardo, Xaquín Marín, Reimundo Patiño, Xesús “Chichi” Campos, Fausto, Miguelanxo Prado, Kike Benlloch, Fonso, Inacio Vilariño, Iván Suárez, José Domingo, Mar Abad, Kiko da Silva, Los Bravú (Dea Gómez e Diego Omil), Julia Huete e David Rubín.

O material consta de 42 reproducións de cómics en paneis de pvc de 50 x 40cm., máis un panel de 1,20m co título, ficha técnica e texto introdutorio. Está cedido pola DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA para esta exposición.