Da comezo un novo ciclo dentro do Plan de Formación Municipal de Salceda

Salceda de Caselas | A concellería de emprego e formación, dentro do seu proxecto de convertir o CDL de O Torrón, nun vivieiro de empresas e centro de formación, ven de rematar a preparación das aulas do centro, entre elas a instalación da aula de novas tecnoloxías.
Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e responsable da área, “queremos darlle continuidade ao Plan de Formación que comenzamos en xaneiro e que polas reformas das instalacións estaba momentáneamente parado. Pódese decir que este é un novo comenzo, temos a intencionalidade de que as aulas de formación estean en contínuo funcionamento”.
Este primeiro ciclo trata de incluír aqueles cursos donde existe maior demanda.
A primeira parte de formación que se vai levar a cabo será:
– Curso de manipulador de alimentos.
– Informática básica.
– Búsqueda de emprego por internet.
– Manexo de carretilla elevadora.
– Preparación das probas para a obtención do graduado en ESO.
A preinscrición para estes cursos será do 5 ao 10 de novembro no Rexistro do Concello e queremos informar para que todos e todas teñan a posibilidade de realizar aquela formación que máis se axuste o seu perfil para poder buscar emprego.
Marina Cabaleiro, “comenzamos por esta formación para darlle resposa a maior demanda dos veciños e veciñas, pero este é o punto de partida, seguiremos tentando formar para que os desempregados teñan unha máis fácil saída desta situación de desemprego”