Curso de competencias dixitais básicas no Covelo

A desenvolverse durante o mes de decembro

O Covelo | O Concello de Covelo informa que está aberto o prazo para inscribirse no curso de informática de competencias dixitais básicas. No marco do VII Plan de Formación para o Emprego do Concello de Covelo desenvolverase un novo curso en horario de tarde de 16:30 a 19:30 horas os días 11, 12, 13, 14, 18, 19, 20, 21, 27 e 28 de decembro de 2023.

O Plan de Formación para o Emprego do Concello de Covelo ten como obxectivo establecer medidas e actuacións concretas que melloren a protección ante a perda de emprego e a eficacia na recolocación dos/as desempregados/as así como a formación ao longo da vida, explica a concelleira de Formación e Emprego, Lourdes Enes.

As persoas que desexen máis información sobre as accións formativas e/ou a documentación a aportar poden poñerse en contacto coa Concellería de Formación e Emprego e co auxiliar de Desenvolvemento Local no número de teléfono: 986 650 027 Ext 4 ou 1

O prazo de inscrición rematará o vindeiro día 5 de decembro ás 13:30 horas. As persoas interesadas en participar deberán estar empadroadas no concello.

Este novo curso está dirixido a persoas desempregadas e inscritas como tal no Servizo Público de Emprego de Galicia aínda que no suposto de que a totalidade de prazas non se cubran con persoas en situación de desemprego, poderán ofertarse a traballadores en activo.

Tódolos solicitantes deberán aboar no momento da inscrición o prezo público pola participación en cursos establecido na Ordenanza Fiscal Reguladora do Prezo Público pola Prestación de Actividades Lúdicas, Recreativas, Culturais, Formativas e Deportivas.