Curso de citricultura ecolóxica do GDR Terra e Auga

Do 6 de abril ao 22 de xuño

A Cañiza | O GDR Terra e Auga desenvolverá dende o 6 de abril ao 22 de xuño o curso teórico-práctico de Citricultura Ecolóxica para o que xa só quedan as últimas prazas. Co obxectivo de converter as terras baldías en produtivas con cultivos axeitados ás condicións medioambientais e respectando sempre o equilibrio e harmonía co medio natural o GDR organiza este curso para repartido en cinco xornadas teóricas e prácticas.

A parte teórica desenvolverase en algún dos dez concellos do Condado, Paradanta e Salceda de Caselas tendo en conta a demanda mentres que a parte práctica realizarase na parcela piloto do GDR en Rubiós, As Neves.

Esta acción enmárcase na estratexia de desenvolvemento sostible “Reverdecendo” que o GDR Terra e Agua desenvolverá nos vindeiros anos.

A primeira xornada será o día 6 de abril arredor do cultivo de cítricos e do seu manexo dende a preparación do solo á plantación. A segunda xornada será o 20 de abril abranguerá cuestións como a poda, o raiado e a enerxía na citricultura ecolóxica. O 11 de maio terá lugar a terceira xornada que centrará a súa atención no solo, na súa fertilidade e abonado. Para os días 8 e 22 de xuño prográmanse as dúas últimas sesións nas que se darán pautas de actuacón fronte a enfermidades e pragas e se obterán coñecementos sobre ventaxas da cuberta verde e manexo da biodiversidade.

As persoas que desexen máis información deberán contactar no número de teléfono 986 663 329 ata o 1 de abril.

O GDR promove o coñecemento da terra para un mellor aproveitamento e ferramenta para a dinamización económica do territorio. Esta formación é financiada por Fondos Europeos a través do programa LEADER 14-20, gracias a convenio de colaboración entre o GDR e a AGADER, da Conselleria de Medio Rural da Xunta de Galicia.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.