“Cultiva a Mente” no Porriño

Participarán 16 persoas maiores de 55 anos

O Porriño | Como cada luns, o centro sociocomunitario do Porriño acolle os obradoiros “Cultiva a mente”, organizados polo Concello do Porriño en colaboración con AFAGA. Nos mesmos, participan 16 persoas maiores de 55 anos que hoxe recibiron a visita do alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, a concelleira de Terceira Idade, Rosario Costas, e o presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez.

“Desexo que esta actividade vos resulte útil e que vos achegue as ferramentas necesarias para disfrutar desta etapa da vida que, de seguro, garda momentos incribles para vós”, apuntou o rexedor.

Trátase dunhas xornadas impartidas por un psicólogo con formación específica no desenvolvemento e execución do deterioro cognitivo nas que se abordan cuestións como o envellecemento activo, a promoción das relación sociais e a prevención da soidade ou a dependencia, entre outras cuestións.

Convenio con Protección Civil
O Concello do Porriño e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil renovaron o convenio de colaboración para atención de emerxencias no termo municipal. O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o presidente da agrupación local, Miguel Rivas, formalizaron o acordo que contempla que o Concello aportará 30.000 euros para dotar de persoal e uniformidade aos membros da agrupación, así como para a compra de material e subministros.

No acto de sinatura estiveron presentes tamén a secretaria da agrupación, Avelina Tato e o responsable do servizo, Jesús Pexegueiro.

“O labor destes voluntarios e voluntarias é esencial para garantizar a resposta ás emerxencias que se producen no municipio”, explicou o rexedor, “Situacións como a pandemia puxeron de relieve a eficacia do traballo que realizan os efectivos de protección civil. Foron claves para atender ás persoas máis vulnerables durante o confinamento ao igual que o son cada vez que hai algunha emerxencia”.

Con tal motivo, o novo executivo inclúe no seu novo orzamento (que presentará nas vindeiras semanas) un incremento de 10.000 euros para a agrupación de protección civil, consolidando unha partida de 40.000 euros.

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Porriño conta a día de hoxe con 24 voluntarios e voluntarias e aspirantes que colaboran coa Policía Local, Garda Civil e os demais servizos de emerxencias na atención ás alertas do 112, participando en máis de 2.300 operativos anuais. Tamén desempeñan tarefas de seguridade e loxística nos diferentes eventos culturais e deportivos que se celebran no concello.