
Ponteareas/BNG | A Asemblea Local do BNG proclamou a Cristina Fernández Davila como a candidata do BNG á alcaldía de Ponteareas nas eleccións municipais de 2027.
Deputada no Parlamento galego desde 2023, a Asemblea avalou a súa elección destacando a súa experiencia de catorce anos no ámbito municipal, capacidade de xestión e compromiso co proxecto transformador iniciado en 2015, sendo a persoa de máxima confianza do ex Alcalde Xosé Represas e formando parte activa das decisións estratéxicas impulsadas polos gobernos do BNG.




