Corte dos piñeiros do parque Ferro Ucha en Ponteareas

O Concello aduce razóns de seguridade mentres o PP esixe explicacións

Ponteareas | O Concello procedeu hoxe a iniciar a corta dos 31 piñeiros existentes no parque Ferro Ucha. A actuación realízase de acordo cos informes técnicos de Medio Ambiente que advirten dun estado que aconsella a súa retirada, ademais de existir a obriga legal de corta.

A presenza desas árbores en zona urbana e a pouca distancia de edificios e vivendas obriga, por normativa de prevención de lumes, á súa retirada. Pero ademais, esta corta dá resposta a problemas de saúde vexetal e de seguridade cidadá, tal e como se fai constar no informe realizado para o Concello por J. Gaspar Bernárdez Villegas, doutor en Investigación Agraria e Forestal, no que se indica que “a maioría dos piñeiros teñen moitos tocos secos nos fustes pola boa autopoda da especie e a ausencia de luz no interior da masa.

A presencia destes tocos indica que esta madeira morta vai ser desprendida das árbores continuamente”, polo que “a caída de ramas vai a ser frecuente, e non necesariamente en días de forte vento ou outras condicións climáticas adversas”. Coa actuación en marcha elimínase un risco para as persoas usuarias do parque que poderían verse afectadas pola caída de pólas, tal e como se explica no informe.

O parque Ferro Ucha conta cunha masa arborada predominante de frondosas autóctonas, fundamentalmente castiñeiros e carballos, unha parte deles de gran porte. Con esta actuación, esas árbores poderán desenvolverse mellor ao deixar de estar baixo os piñeiros de maior altura.

A corta estase realizando con brazo guindastre para que na caída as árbores poidan ser orientadas ,minimizando o impacto sobre o resto do arborado. A actuación obriga a pechar o parque durante a execución dos traballos, que se prevé que rematen este venres.

O PP esixe coñecer se existe autorización
O Grupo Municipal de o PP esixirá informes e responsabilidades ao Goberno bipartito así como a Medio Rural para coñecer os motivos da tala de máis de 30 especies, piñeiros na súa maioría, que foron arrincados do parque urbano de Ponteareas Ferro Ucha.

Os populares consideran que “ao bipartito ocorréuselle ampliar un vial e facer unha senda peonil e por iso procederon a talar, que non podar, máis de 30 exemplares de árbores, algúns que obstaculizaban esa ampliación do camiño, pero outros do interior do parque que non afectaban. Esta tala non consta no proxecto da obra que se acomete na contorna”.

O PP que non se mostra en contra de podar e limpar o parque, manifesta que non era necesaria esta tala nin a maneira en que se fixo, “cortando primeiro exemplares sans e de gran tamaño, e ademais que caían sobre outros exemplares como castaños e carballos deixándoos danados”.

Os populares consideran que se fixo unha tala “agresiva e rápida” para evitar que a oposición tivese marxe de manobra e que os veciños non puidesen manifestar a súa opinión que á vista está é desfavorable, “onte moitos veciños contactaron con Belén Villar para comunicarlle o malestar de que se talen árbores no único parque urbano existente en Ponteareas”.

“É incrible que en todos os pobos e cidades apóstese por crear zonas verdes, foméntese a protección do natural e das zonas verdes nos chans urbanos, para que sexan máis habitables e agradables, e aquí en Ponteareas o bipartito acabe co único parque forestal urbano que temos” lamentan os populares.