Conversa con Pilar García Rego ao redor de “Sandalias verdes”

Santiago | O próximo mércores, 17 de xullo, ás 20:30 teremos a sorte de conversar con Pilar Garcia Rego ao redor do seu primeiro poemario, Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros (Xerais, 2019). Un acto íntimo e distendido que nos permitirá coñecer máis de perto as texturas cromáticas dunha obra chea de lembranzas, de tensións, de lindes…da posibilidade de ser borrada ou de traspasar todo iso. Un corpo e seus recordos. Un corpo e os seus sentidos.

Na procura desa conversa pausada abriremos un aforo máximo de dez asentos. Reserva xa o teu chamando ao 881253585 ou a través do chandapolvoralibraria@gmail.com.