• Segue conectado
  • |

Contra a crise… Festa de balde!

Salceda de Caselas | A ACDE TREZECATORZE presenta a V Edición do seu festival de música e artes populares. Convencidos de que os cortes e recortes sempre empezan polo lúdico-cultural este ano celebramos o lustro cun espectáculo máis ambicioso que nunca e de balde coma sempre:
VENDETTA (Nafarroa). Única data en Galiza do grupo formado polos ex compoñentes de Skalariak que veñen desde a Comunidade Foral a presentar o seu segundo disco “Puro Infierno”.
TERBUTALINA (Muros). A esperanza máis irreverente da música galega presentará o seu novo traballo “Broncodilatador” que, segundo eles, “proporsiona e jarante un alivio rápido dos síntomas tales como o apapahostiamento e o lambeconismo”.
MARXE ESKERDA (Redondela). Logo dun primeiro disco de título homónimo (2010) presentarán en Salceda o seu novo traballo de estudio que sairá a luz no verán. Son contundente e sen bandeiras.
Ademais, desde o vermú (12:00h.) haberá: pulpeiro, grupos de gaitas (Os Chikilicatorzes+Grupo de gaitas Carballeira), circo de rúa, graffiteiros, danza, actividades de apoio ao 15-M, xogos populares, a charanga SGHAE, chourizada popular, bingo musical e o grande concurso de Saltos de 13-14´s!!!!
Todo isto, carpa e acampada incluída, máis algunha sorpresa, o 12 de Maio de 2012 en Salceda de Caselas.

Publicado o 8 Mai 2012 en Axenda, Louriña, Salceda de Caselas.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies