Continúa aberto o prazo de inscrición nos cursos da OMIX

A Guarda | Dende a OMIX do Concello da Guarda, dependente da Concellería de Xuventude, recórdase que continúa aberto o prazo para inscribirse nos dous primeiros cursos que realizarán este ano. Esta proposta de accións formativas e lúdicas para o comezo do 2017 conta con dous actividades que se levarán a cabo no mes de febreiro. O primeiro dos cursos ofertados é o de lingua de signos. Este é un curso que se repite debido á boa acollida da pasada edición. Impartirase os xoves de 19:30 a 21:30 horas, c un total de 20 horas, e ten un prezo de 25 euros.

Ademais levarase a cabo un obradoiro de balde, dentro da corrente do faino ti mesmo/a, de bixutería de reciclaxe (elaboración de complementos orixinais, diferentes e renovados). Este obradoiro gratuíto terá lugar o venres 3 de febreiro de 19 a 21:30 horas e é necesario inscribirse previamente.

Toda a información e inscricións poderanse atopar e realizar na OMIX, a través do teléfono 986614546, no mail informacion@aguarda.es ou no perfil de FACEBOOK.