“Coñecendo a Ribeira Sacra” no barrio ourensá do Couto

Abriuse a exposición final do proxecto realizado no curso académico

Ourense | O CEIP do barrio ourensá do Couto acolleu a presentación da exposición final do proxecto “Coñecendo a Ribeira Sacra” coa asistencia de Gabriel Alén, delegado da Xunta e de Luís Guitián, presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.

“Coñecendo a Ribeira Sacra” é un proxecto do centro escolar levado a cabo durante todo o curso, coa intención de dar a coñecer a toda a comunidade educativa esta riqueza cultural que foi proposta como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

O proxecto fomenta o papel activo e cooperativo do alumnado, potenciando o desenvolvemento sostible, a conciencia medioambiental e a educación patrimonial.

Todas as celebracións realizadas durante o curso escolar, estiveron vinculas a este proxecto aberto e libre, que como produto final materialízase nunha exposición aberta a toda a comunidade educativa para compartir os traballos.