Concerto en homenaxe ao mestre Rogelio Groba

Na Igrexa do Convento de Canedo coa Orquestra de Cámara Galega

Ponteareas | O Concello de Ponteareas, en colaboración coa Orquestra de Cámara Galega e a Fundación Rogelio Groba, realizaron este 26 de febreiro un concerto en homenaxe ao mestre Rogelio Groba na Igrexa do Convento de Canedo.

Deste xeito, O Concello e os veciños de Ponteareas quixeron lembrar a figura e o legado do mestre Groba, falecido o pasado 31 de decembro na Coruña.