Concello do Porriño promociona a Praza de Abastos neste Entroido 2022

Cun showcooking este sábado 26 de febreiro

O Porriño | O Concello do Porriño quere poñer en valor e dinamizar a praza de abastos municipal. Para iso, levará a cabo unha serie de melloras e iniciativas, a primeira delas este sábado ás 12:30 h.

No marco das “Xornadas gastronómicas do Entroido 2022” celebrarase un un showcooking para destacar a calidade dos produtos que ofrece a praza de abastos e incentivar o consumo de produtos frescos e de proximidade.

Na actividade, organizada polo Concello do Porriño en colaboración con AHOSPOR, elaboraranse varios pratos con produtos propios do mercado que degustarán comensais procedentes do centro social, persoas maiores de 60 anos, e de Aceesca.

“O encargado de elaborar o menú, composto por dous pratos, será Marcos Parente, cociñeiro do restaurante O Carreteiro”, anunciou a concelleira de Comercio e Mercado, Antía Carrera.

“Os asistentes poderán degustar un lombo de lubina á plancha sobre tosta de pan de centeno de primeiro e unha preparación de pico de galo de segundo. O postre correrá a cargo de SuperSugar, unha tenda de pastelería artesá situada na praza”.

“Actividades coma esta son unha boa maneira de promover a praza de abastos e animar á xente a realizar as súas compras nela. É o punto neurálxicos do noso comercio e a xente debe coñecer todo o que pode ofrecer”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Queremos mostrar a gran variedade de produtos frescos e naturais que se poden adquirir, así como as innovadoras receitas que con eles se poden elaborar”.

Outros artigos