Concello de Ponteareas felicitou á Agrupación Folklórica Algazara polo seu premio á dinamización rural

Pola conservación e a difusión da cultura e tradicións galegas
O concelleiro Fernando Groba deu os parabén ás Agrupación Folklórica Algazara.

Ponteareas | O Concello de Ponteareas quere dar os parabéns á Agrupación Folklórica Algazara polo seu merecido premio na II Gala dos Premios ao Dinamizador Rural que organiza o GDR Condado Paradanta. A formación recibiu un recoñecemento polo seu labor de conservación e de difusión da cultura e tradicións galegas na comarca.

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, afirma que este recoñecemento “é moi merecido” e destaca “o gran valor para Ponteareas e tamén para Galicia do traballo incansable da Agrupación Folklórica Algazara para pór en valor a nosa cultura e a nosa tradición”. O edil tamén quere lembrar que o Concello de Ponteareas estará da súa man para calquera proxecto que queiran sacar adiante.

Fernando Groba tamén quere dar os parabéns á Asociación Cultural Irmáns Barcia, finalista dos premios, “e outro exemplo de boa xestión e loita pola difusión da nosa cultura e tradición”.

A Agrupación Folklórica Algazara afirmou que este recoñecemento supón “un alento para continuar co noso proxecto en tempos, nos que o traballo a prol da conservación e difusión da nosa cultura e tradicións atopa atrancos a cada paso”.