Concello de Oia contratará 11 persoas ao abeiro do Plan Concellos

Para condutor de maquinaria, albanel e peón forestal

Oia | O Concello de Oia contratará a un total de 11 persoas desempregadas ao abeiro do Plan Concellos 2022 (liña de emprego) da Deputación de Pontevedra.

Os contratos terán unha duración de 6 meses e con dedicación a xornada completa. Os perfís que se solicitan son de condutor/operador de maquinaria forestal (1 praza), albanel/oficial de 1ª (2 prazas) e peón forestal (8 prazas).

Poderán beneficiarse desta iniciativa as persoas desempregadas inscritas na oficina de Emprego de Baiona, que fará a preselección de candidaturas. Posteriormente, o Concello se encargará da selección definitiva.

No seguinte cadro resúmese o número de prazas para cada posto e máis o perfil solicitado (xunto co código correspondente no que deberán inscribirse na oficina de emprego as persoas interesadas). O Concello de Oia lembra que, para poder ser seleccionadas pola oficina de emprego, as persoas demandantes deberán estar inscritas no código correspondente ao perfil ao que queiran optar.