Concello das Neves estrea novo salón de plenos

Dotado dun novo sistema audiovisual

As Neves | O antigo salón foi renovado na súa totalidade coa instalación dun novo ‘estrado’ para as concelleiras e concelleiros, dotado de micrófonos individuais, conexións para teléfonos móbiles, ordenadores  e tabletas. Tamén conta con un novo sistema de alumeado, adaptado ás condicións exteriores, de baixo consumo e ecolóxico, ou cadeiras novas, tanto para os concelleiros coma para o público que asista ao pleno. Así mesmo, reformouse totalmente a pintura de paredes e teitos, o acceso ao mesmo e os estores das fiestras para aproveitar ao máximo a luz natural.

O novo salón de plenos que, subliña o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, “presenta unha nova imaxe renomada e máis moderna e actual das Neves”, incorpora un sistema audiovisual que permite a proxección de calquera tipo de imaxes dende un equipo externo a nunha pantalla retráctil. Tamén fai posible a gravación e retransmisión en directo dos plenos por ‘streaming’, tal e como se fará este martes, a través das canles telemáticas e redes sociais do Concello.