Comeza o obradoiro “Salvaterra Emprega III”

Cunha financiación de 500.000€

Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño iniciou un novo obradoiro de emprego “Salvaterra Emprega III” cunha financiación de máis de 500.000 euros, coa que se busca continuar coa liña de fomento do emprego en colaboración coa Consellería de Promoción o Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia .

A través deste obradoiro se posibilita que un total de 20 persoas desempregadas se formen e capaciten nas especialidades formativas ofertadas do ámbito forestal e xardinería e 5 as que formarán parte do equipo directivo do obradoiro coa finalidade de mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas do municipio.

O obradoiro ten unha duración de 12 meses nos cales o alumnado traballador adquirirá os coñecementos necesarios mediante a realización de tarefas que responderán á prestación do servizo en si.

Ademais, tal e como se fixo en anos anteriores, sendo este o terceiro consecutivo, no apartado de fortestal mantense a colaboración coa Comunidade de Montes de Pesqueiras.